jueves, 25 de enero de 2018

A esperanza da Sanidade Publica en Ourese

O día de onte foi un día histórico para a nosa cidade, onte Ourense converteuse nun bastión da defensa dos dereitos e servizos máis básicos da nosa sociedade e particularmente dos mais vulnerables, os nosos enfermos. Onte as prazas de Galicia en xeral enchéronse de dignidade e loita, sendo posiblemente Ourense un dos exemplos máis significativos.

Os orzamentos da Xunta de Galicia, ano tras ano son máis pírricos para a sanidade e reducen a calidade dos servizos. En particular, o ultimo ataque prodúcese no CHUO por parte do SERGAS onde se reducen de 41 a 31 camas por sección, isto supón que é posible que o CHUO en picos de actividade non consiga absorber toda a demanda da poboación, principalmente, unha poboación como a de Ourense que é especialmente envellecida. En conclusión isto vai provocar unha sobrecarga do servizo de urxencias e un empeoramento xeralizado de todo o servizo.

Moitas veces temos a sensación de que un trato ineficiente dos servizos públicos son a causa dos propios traballadores, pero a realidade dase de bruces contra esa ficción, cando son precisamente os traballadores os que non teñen recursos suficientes para dar un servizo de calidade. 

Este por tanto, é o pozo negro o que nos condenan os nosos políticos e a onde se dirixe a nosa cidade. O día de onte puxo un punto a parte, xa que coa mobilización nas rúas e esixindo respecto, e o camiño para non perder os nosos dereitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario